Inabastable

Guitarra baixa acústica solo

"Inabastable" é unha recompilación de improvisacións feitas coa guitarra baixa, nun momento de crise persoal. Improvisacións ou composicións...quizá sexa máis apropiado chamalas improvisacións compositivas ou ben “composición on time”.

Aquel verán do 2013, despois de enterrar ao meu pai, fun a Galicia co baixo acústico e o estudo portátil pensando en dixerir o transo coa axuda da música. Xa tiña a experiencia anterior de gravar dentro do hórreo e imaxinábame unhas sesións en solitario en que podería refacerme.

Fun gravando cada unha das sesións e ordenando todo o material sonoro etiquetado coa idea de lembrar os itinerarios emotivos. Fixen sesións de composición on-time en varias igrexas próximas: En Airexa, Santa María de Valonga e Santo Ramón de Penamazada; e outros no horreo de Os Vilares.

Logo veu unha dixestión lenta. Fun consciente de que se repetían secuencias dunha sesión a outra, coma se a mensaxe do subconsciente fose similar e cada día fixese música por un mesmo soño recorrente.

O diario "Improvisando Inabastable" e estas 14 pezas son unha selección de toda experiencia.

Que din de Inabastable ...?

☝24/11/2022, Sergio Cabanillas: "Viatge Astral, sin duda una pieza para trasladarnos a otras dimensiones, con ese ejercicio experimental con los armónicos y demás sonidos del bajo acústico."
Universos Paralelos, Emision 24/11/2022

☝7/7/2022, Sergio Cabanillas: "El disco merece muchísimo la pena y podemos oir a Jordi Gaspar en el registro de la composición en tiempo real o la improvisación pura..."
Universos Paralelos, Emisión 07/07/2022


Inabastable

  • Banda: Jordi Gaspar
  • Título: Inabastable
  • Publicado: Juny 13, 2022
  • Selo: Juan Palomo Records
  • Formato: CD
  • Escoita Inabastable:

Reproductor de Audio 1

Descargar
"Improvisando Inabastable"

Descargar
"Sobre as pezas seleccionadas"